Estás aquí:

Código: 1077

É a Lúa que baila... María Victoria Moreno e a lírica dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca

20,90 € IVE INCLUIDO
Un volume singular e ata o de agora inédito da obra de María Victoria Moreno publicado pola Editorial Galaxia en colaboración co Consorcio de Santiago.
Este novo libro ten como protagonista a faceta filolóxica, lectora e investigadora de María Victoria Moreno, e está presidido por “«Danza da lúa en Santiago». Suxerencias para unha aproximación a Federico García Lorca, poeta galego”, un estudo publicado orixinalmente no ano 1985 na revista madrileña de estudos galegos Madrygal. O volume  inclúe tamén os Seis poemas galegos de Federico García Lorca, un anexo con comentarios de María Victoria Moreno á “Cantiga do neno da tenda” e un minucioso estudo introdutorio da man do académico e profesor Xesús Alonso Montero, que se sitúa xa como unha referencia no estudo da escrita de María Victoria Moreno.

Compartir nas redes sociáis

Detalles do libro

Paxinas: 104
Deseño: Cartoné
Data Publicación:
Dimensións 170 x 240 mm.
Colección: Varios
Nº na Colección: 121
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-159-5
Observacións: ISBN do Consorcio de Santiago: 978-84-16753-25-3

AUTORES/AS

Moreno , María Victoria
mvictoria

María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005), licenciada en Filoloxía Románica pola universidade de Madrid, en 1963 conseguiu unha praza de profesora nun instituto de Pontevedra, establecéndose en Galicia. A súa identificación co noso país foi tan intensa que de seguida aprendeu o galego e o convertiu na súa lingua. Desde entón, toda a súa obra literaria está escrita en galego. Unha parte dela son contos e novelas dedicadas ao público infantil e xuvenil, como Leonardo e os fontaneiros, Mar adiante, O cataventos e Festa no faiado. A súa novela Anagnórise, xa traducida ao castelán, obtivo un grande éxito entre os lectores, e figura na lista de honra do IBBY de 1990. Con Guedellas de seda e liño recibiu unha mención especial White Ravens 2002. Colaborou na redacción de libros de texto e dirixiu a colección “Árbore” da Editorial Galaxia dende 1988, ano da súa creación.

As súas obras

Guedellas de seda e liño
guedellasdesedaelino2017
E haberá tirón de orellas?
e-habera-tiron-de-orellas-2017
9.95€ CON IVE
Leonardo e os fontaneiros
leonardo-e-os-fontaneiros-2017
13.50€ CON IVE
É a Lúa que baila... María Victoria Moreno e a lírica dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca
e-a-lua-que-baila
20.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Varios

ALBA DE GLORIA
alba-de-gloria
11.55€ CON IVE
Algúns contos completos
9788491516514
21.15€ CON IVE
Arrieiros somos
9788491519485
19.00€ CON IVE
Bambi. Unha vida na fraga
9788491518266
25.45€ CON IVE
Cando choraron as cíes
9788491519430-1
20.75€ CON IVE
Cantigas de Santa María
9788491516415
14.85€ CON IVE
Cen sementes que voaron
cen-sementes-que-voaron
15€ CON IVE
Chora, corazón, pero endexamais raches
9788491517306
15.90€ CON IVE