Presentación en Ourense da nova GRIAL

Categoría: Nova

Mañá, ás 20 horas, no Centro Cultural da Deputación de Ourense, Víctor F. Freixanes, codirector da revista, Dolores Vilavedra, coordinadora do número, e os colaboradores María López Sández, Xosé Manuel Dasilva e Bieito Iglesias, protagonizarán a presentación do novo número da revista GRIAL que nesta ocasión centra o seu interese na análise, medio século despois, da que moitos consideran a mellor novela en galego de todos os tempos, A esmorga, de Eduardo Blanco Amor.

Mais este non é, por suposto, o tema único deste número. Entrevistas, artigos e a xa histórica sección de Críticas de Libros, completan unha oferta que podes repasar máis polo miúdo dende as ligazóns que che propoñemos á dereita destas liñas e dende onde poderás, incluso, descargar parte dos contidos.

Compartir na redes sociais: