Presentación en Moaña de "Raiñas no meu xardín"

Categoría: Nova

Este mércores preséntase en Moaña a novela 'Raíñas no meu xardín' de Xosé Manuel G. Trigo. O acto celebrarase no salón de plenos do Concello ás 20.30 horas. Interverán o autor, Xosé Manuel G. Trigo, o poeta Xosé María Álvarez Cáccamo, Victor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e o alcalde de Moaña, José Fervenza Costas.
Trigo, cunha longa traxectoria na escrita, é columnista na prensa galega, e tamén exerce como crítico literario. Ademáis de novelas, Trigo leva anos escribindo e publicando diarios así como novelas, coma esta 'Raíñas no meu xardín' protagonizada, entre outros personaxes, por Carolina Otero.

Compartir na redes sociais: