Hoxe xoves, na sede de Afundación, en Santiago, presentaremos o novo libro do expresidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, titulado CRISE GLOBAL E CRISE DA POLÍTICA. UNHA OLLADA DENDE GALICIA, un libro no que analiza o impacto da crise e lanza propostas de futuro. No acto intervirán, ademais do autor, os xornalistas Fernando Salgado, Luís Pousa e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.
Este será o primeiro dos actos dos moitos que o autor celebrará por todo o país para presentar este libro nas principais cidades e vilas de Galicia.