A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Galaxia e o Concello de Rianxo organizan este acto co que celebran a saída dun novo número do suplemento cultural A VOZ DE BARBANTIA, así como á presentación do libro de Francisco Castro In vino veritas, e no que estarán presentes, ademais do autor, os directivos de Barbantia María Xesús Blanco e Antón Riveiro Coello, e mais o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños.
Ao remate da presentación inaugurarase no mesmo Auditorio a exposición de Che Tembra "Castelao: 125 aniversario".