Presentación de ALGO MÁIS QUE UN CAFÉ. O DERBY DE VIGO

Categoría: Nova

Albino Mallo presenta este libro que percorre a historia do café Derby de Vigo. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Santiago Domínguez Olveira, Tenente Alcalde do Concello de Vigo, e Fernando Franco, xornalista.

Nesta obra, Albino Mallo (Vigo, 1929) regresa á xeografía da súa infancia falándonos do café que o seu pai rexentou desde a fundación en 1921 ao seu peche definitivo en 1968. Un local polo que pasaron toda clase de personaxes. Albino Mallo recorda como aos seis anos puido ver ao mesmísimo Valle Inclán. Pero outros personaxes como Lugrís, Castelao, os irmáns Álvarez Blázquez, Laxeiro, Fernández del Riego, Cunqueiro, Maside ou Lorca, nunha ocasión antes dunha conferencia, foron habituais dun café que foi referencial na historia máis importante da cidade olívica.

Compartir na redes sociais: