Este venres presentarase, nun acto aberto ao público, a tradución do 'Ulises' de James Joyce. A versión galega vén de recibir na pasada fin de semana o premio como Mellor Tradución do ano 2013 para a web Fervenzas Literarias.
O acto, ao que asistirá tamén o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, consistirá nunha mesa coas seguintes intervencións:
Carlos Lema (editor do libro)
Os tradutores María Alonso Seisdedos, Eva Almazán, Xavier Queipo e Anton Vialle.
Antonio de Toro, catedrático de Filoloxía Inglesa da Universidade da Coruña e presidente do Instituto Universitario de Investigación de Estudos Irlandeses.
Cerrará o acto o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero.