Malia xa quedar atrás o Día das Letras Galegas, o interese pola obra do poeta Díaz Castro non decae. Así, o crítico literario Armando Requeixo falará sobre Díaz Castro en Ribeira, acompañado de Arturo Ponte en representación da Editorial Galaxia este martes ás 20.30 horas no Centro Lustre Rivas.
Armando Requeixo falará deste libro publicado orixinalmente no ano 1961 e que desta volta coñeceu unha nova edición a cargo do tamén poeta Luis G. Tosar.