Presentación-concerto do libro disco Xiqui Xoque Fiu Fiu! no Festigal

Categoría: Nova

María Fumaça presentará este venres no marco do Festigal en Santiago, a partires das 19.30 horas no Campus Sur, o seu último traballo: "Xiqui Xoque Fiú Fiú!". Trátase dun traballo especial, que, como o anterior 'María Fumaça' está dedicado a Ruí, un cativo con parálise cerebral pero coa mesma capacidade que todos para cantar, bailar e gozar da música e da vida.
Este libro-disco foi gravado na casa de Ruí durante dous días, con 20 persoas con moito talento. Entre elas figuran nomes moi coñecidos por todos como Magín Blanco, Sergio Tannus, Santi Cribeiro e Isaac Palacín. Desta volta, a familia María Fumaça decidiu facer máis protagonistas ós nenos, con cancións adicadas, coma sempre, á diversidade e á alegría de vivir.

Compartir na redes sociais: