Os libros galegos estarán en Frankfurt

Categoría: Nova

A Feira do Libro de Frankfurt, este ano desenvolverase na cidade alemá do 8 ao 12 de outubro e, como todos os anos, a nosa editorial participará no stand que a Consellería de Cultura ofrece para os editores galegos.
A cita xeramana é unha ocasión para amosar a fortaleza e vizosidade da edición galega neste foro fundamental para autores e autoras, editoriais e axentes literarios. O obxectivo é promover o mercado exterior, as traducións e vendas de dereitos das obras galegas, así como o espallamento da nosa creación literaria polo mundo.

Compartir na redes sociais: