Olga Brañas na Semana da Música Infantil da Coruña

Categoría: Nova

Mañá martes ás 20 horas a Editorial Galaxia desenvolverá a segunda sesión da Semana da Música Infantil na Feira do Libro da Coruña coa actuación de Olga Brañas quen levará a Carpa que preparamos para a ocasión nos Xardíns de Méndez Núñez, PITUSA SEMIFUSA.
O libro inclúe un cedé cun mollo de cancións de Olga Brañas protagonizadas por unha nena dese mesmo nome, neta dunha famosa directora de orquestra e que, logo de herdar dela un gramófono, sinte curiosidade por coñecer todas as familias de instrumentos. Ao longo das distintas cancións, nas que participan as voces e os músicos máis importantes de Galicia, Pitusa Semifusa irá avanzando polos pentagramas de todos os instrumentos, de tal xeito que, segundo se escoitan os temas, se van incorporando máis e máis ata rematar nunha completa festa musical.
O cedé coas cancións de Brañas inclúe colaboracións de grandes músicos como Magín Blanco, Xiana Lastra, Sérgio Tannus e moitos máis.

Compartir na redes sociais: