Institucións culturais de toda Galicia e da Galicia exterior homenaxearon o pasado 25 de xullo a memoria de Rosalía de Castro, acto simbólico que se vén celebrando dende hai anos no Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela, e que constitúe un dos referentes tradicionais do Día da Patria Galega.
Entre as institucións culturais participaron Editorial Galaxia e as súas Fundacións, mais este ano estiveron tamén presentes os Terzos da Fala de Buenos Aires. A súa presidenta, Gisela Barbeito, acompañou ao director de Galaxia na ofrenda.