Cando no seu día publicamos 'Cociñando ao pé da letra', volume que nos ofrece un curioso diálogo entre literatura e cociña ao poñer a 21 escritores e escritoras a cociñar, e a contárnolo de maneira literaria, xa se acolleu a publicación como un grande acontecemento.
Agora, a mostra fotográfica, responsabilidade de Andrea Costas, chega a Bucarest, concretamente ao Instituto Cervantes onde onte abriu unha exposición co material fotográfico que conforma o libro e que permitirá aos romaneses ver o talento dos nosos autores e autoras tamén na cociña ao tempo que se espalla a vitalidade da nosa literatura.
A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro 16 de maio.