O II Certame Galego das Artes pola Igualdade de xénero, adicado a Uxía

Categoría: Nova

Baixo o patrocinio dos concellos de San Sadurniño, As Pontes, A Capela e a Editorial Galaxia, e organizado pola empresa Bolboreta, está a piques de poñerse en marcha a II edición do Certame Galego das Artes pola Igualdade de Xénero, que este ano está adicado á cantante Uxía Senlle.
No concurso poético, que versará novamente sobre a igualdade entre mulleres e homes, haberá tres categorías sen distinción de xéneros: infantil (de 7 a 11 anos); xuvenil (de 12 a 18 anos), e adulta(de máis de 18 anos).
O prazo de admisión de orixinais comeza o luns 23 de marzo e remata o 6 de abril de 2015 ás 15.00 horas. Os poemas enviaranse por correo certificado á Rúa Telleira nº 13, As Pontes, (A Coruña) C.P. 15320.

Fallo e galardóns

Os premios fallaranse o día 13 de abril de 2015 e, inmediatamente, comunicaráselles ás persoas premiadas. A entrega dos galardóns será o sábado, día 18 de abril de 2015, ás 12.00 horas na Casa do Concello de San Sadurniño. Haberá recoñecemento para os dous primeiros en cada categoría, con 100 e 50 euros, respectivamente, uns libros do fondo da Editorial Gaalxia e un diploma acreditativo.

Compartir na redes sociais: