Na casa da avoa, de Marta Dacosta, no Diario Cultural

Categoría: Nova

Na casa da avoa, o último libro de Marta Dacosta publicado na colección Dombate, chegaba o pasado mes de marzo ás librarías e xa fixo un oco nos andeis de lectores e críticos como demos noticia neste blog.
Durante unha semana os versos de Marta Dacosta foron lidos no Diario Cultural e tamén a autora falou do poemario, unha revisión da construción que se fixo da muller ao longo do tempo, da historia, da literatura, da mitoloxía…
Marta Dacosta dálle a palabra ás mulleres para contar a súa historia, pois sempre imperou a versión dos homes, que eran os vencedores. Marta Dacosta retira os velos e mostra a realidade, porque “agora somos as mulleres a falar de nós mesmas”.
Para escoitar a entrevista completa aquí.

Compartir na redes sociais: