María Xosé Queizán presenta A boneca de Blanco Amor en Compostela

Categoría: Nova

A escritora María Xosé Queizán presentará a súa nova novela, A boneca de Blanco Amor hoxe mércores 18 de marzo ás 20h na Librería Cronopios de Santiago de Compostela. Farao acompañada da xornalista e crítica literaria Montse Dopico e do editor Víctor F. Freixanes.

Estamos ante unha novela onde a historia e a ciencia se mesturan coa literatura, o ensaio coa ficción, a realidade coa fantasía, a orixe do relato co seu final.

Rexina Veiga publica en Tempos Novos unha recensión sobre a novela. Podes vela, aquí

Compartir na redes sociais: