O galardón entregaráselle á escritora arxentina de orixe galega, o domingo 11 de outubro no campo "Galicia" de Olivos do Centro Galicia de Buenos Aires . Este recoñecemento pretende valorar o traballo de distintas persoas atendendo aos seus méritos nos distintos ámbitos do seu traballo. Así, empresarios, profesionais e xente da cultura, son recoñecidos cada ano con este importante galardón na capital arxentina.
Con este novo premio, a autora de 'A fin da terra' acrecenta o seu brillante currículo, ben valorado aquén e alén mar. A pesar de ter nacido, por culpa do exilio, en terras arxentinas, María Rosa Lojo é con pleno dereito unha autora de nós e de nosoutras, que latexa coa nosa fala e que sinte coas nosas letras.
Dende esta beira atlántica celebramos o premio e facémolo, tamén, noso.