Marcos Calveiro gaña o García Barros con O xardineiro dos ingleses

Categoría: Nova

Marcos Calveiro gaña o XXIX Premio García Barros coa obra O xardineiro dos ingleses que para finais de ano verá a luz na Editorial Galaxia. O xurado composto por Carlos Lema, Armando Requeixo, Mario Regueira, Inma Otero e Carlos Loureiro destacou esta novela entre todas as que se presentaron.
O Premio García Barros é unha fantástica iniciativa do Concello da Estrada que conta coa colaboración en colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia.
Este premio súmase ao Lazarillo que gañou en decembro de 2009 coa novela xuvenil O pintor do sombreiro de malvas e ao IX Premio de Narrativa Breve Repsol por Fontán, novela de gran acollida entre o público e publicada na Editorial Galaxia.
Parabéns ao autor!!
 

Compartir na redes sociais: