Os premios de xornalismo Julio Camba e Francisco Fernández del Riego, que convoca anualmente a entidade financiera Caixanova, están dotados con 12.000 euros. Manuel Rivas evoca a figura de Ramón Piñeiro e fai unha metáfora da mesa braseiro da rúa Xelmírez 15, pola que pasaron tantas xeracións de vellos e novos galeguistas, comparándoa coa gran nave cósmica da película de Kubrick, nunha referencia á importancia que as conversas naquel lugar tiveron para construir a consciencia galega e galeguista de case 40 anos, dende á ditadura franquista ata a autonomía e as libertades democráticas da Galicia de hoxe.
Con humor e fino talento literario, segundo explicou o presidente do xurado, Alfredo Conde, o escritor galego debuxa a personalidade de Ramón Piñeiro, a quen este ano está dedicado o Día das Letras Galegas, dende unha óptica diferente.
O artigo de Pedro Ugarte, publicado nas páxinas da edición vasca de El País, está máis próximo á tradición literaria e xornalística de Julio Camba. Trátase dun artigo no que, tamén cun gran sentido do humor, se evoca a relación que se establece agora coas novas xeracións. Titúlase "La descencia": mellor sobriños ca fillos, ou fillos adoptados e, en breve, embrións. Son os tempos.
Desde o noso blog podes ler o artigo premiado de Manuel Rivas.