O grupo de música infantil Mamá Cabra presentará na Biblioteca Municipal de Monte Alto o seu novo traballo, publicado na colección Sonárbore, ESTACIÓN NADAL.
O libro-disco ábrese cunha singular carta que as Mamá Cabra envían aos Reis Magos pedindo cousas fermosas coma máis tempo de recreo ou que os papás e mamás teñan máis tempo para pasar cos cativos e cativas na casa. Logo das cancións, por suposto, os Reis Magos contestan e dan a súa versión…
Na liña festiva de Mamá Cabra de sempre, un mollo de cancións e un espectáculo que a ninguén vai deixar sen cantar nin bailar.