Mañá xoves, nas cidades da Coruña e Vigo respectivamente, os escritores Miguel Suárez Abel e Francisco Castro presentarán as súas novidades literarias.
Por unha banda, Miguel Suárez Abel presenta 'Nunca te vin chorar', ás 20:00 h, na librería Nós da Coruña, acompañado polo director literario de Galaxia, Carlos Lema e Cecilia Martínez, mentres que Castro falará de 'O segredo de Marco Polo' dentro das actividades programadas na Feira do Libro de Vigo, na compaña de Xesús Domínguez Dono, coordinador de edición e produción da editorial, e a escritora Ledicia Costas, as 20.30 horas.
Dúas lecturas para encetar este verán cheo de graos pero tamén de palabras e de historias para nos seducir.