¿Cara a onde vai a literatura galega?

Categoría: Nova

Antón Figueroa ve o futuro da literatura galega como o dunha literatura que tende cara a unha maior autonomía, unha maior liberdade en comparación cunha literatura anterior máis suxeita ao ámbito da política.

Suso de Toro reivindicou o oficio de escritor como unha profesión e a necesidade de que o país tome unha decision sobre que quere facer co idioma galego. Salientou como dato que nos leva a ser optimistas que existe unha masa de lectores interesada no libro galego.

Rexina Vega incidiu na necesidade dunha critica literaria máis profesionalizada e a importancia de proxeccion da literatura galega cara ao exterior, tanto na península como en Europa.

Carlos Lema, que actuou de moderador, considera que a galega é unha "literatura fortemente consolidada, cunha presenza importante na sociedade. A nivel institucional está moi presente no mundo académico e do ensino e tamén cunha industria importante da que viven moitas persoas. Despois hai unha faceta que é o propio texto. A lectura e os textos. Na dialéctica entre estes dous polos é onde está o camiño a escoller".

Compartir na redes sociais: