O próximo día 28 do presente mes de xullo, ás 12 horas, faráselle entrega ao Presidente da Fundación Penzol, Alfonso Zulueta de Haz dunha placa conmemorativa do 90 aniversario do seu nacemento.
Esta homenaxe está promovida por Editorial Galaxia, SEPT, Fundación Isla Couto, Fundación Otero Pedrayo e Fundación Penzol, pola súa entrega e dedicación a todas elas.
Dende a Editorial Galaxia convidamos a todas e a todos os interesados en sumarse á homenaxe a acodir á Penzol nesta xornada de recoñecemento a Alfonso Zulueta de Haz neste día no que cumpre 90 intensos e activos anos.