Será o vindeiro xoves pola mañá, en Barcelona, cando se coñecerán os gañadores nas distintas modalidades no III Concurso de Relatos de Inspiración Científica, e no que se recibiron máis de 500 relatos procedentes de todo o estado. O concurso, que ten como obxectivo promover os relatos de inspiración científica e de pensar a ciencia dende a literatura, desenvólvese nas catro linguas do estado español e no caso do galego, unha das entidades organizadoras é a Editorial Galaxia.
Canda a nosa editorial, participan na organización do certame, entidades coma o Centro Superior de Investigacións Científicas, primeria impulsora do concurso, a Escola d’Escriptura de l’Ateneu Barcelonès y la Escuela de Escritores de Madrid.