Entrega do Premio Repsol a Xurxo Sierra Veloso

Categoría: Nova

O escritor Xurxo Sierra Veloso facíase merecente desta edición do Premio de Narrativa Breve Repsol, hai uns meses e pola súa novela 'Os fíos' que vén de saír do prelo hai uns días.
No seu momento, o voceiro do xurado destacou "a ironía, a pulida e traballada narrativa do autor, a orixinalidade no tratamento literario, así como o xogo de distanciamento orixinal, que resulta sempre moi intelixente". Ademais, subliñou que "é unha obra que lle deixa sempre un espazo aberto ao lector e á lectora".
Agora é o tempo de coñecer, tamén, o veredicto dos lectores e das lectoras. Coñecendo a anterior obra de Sierra Veloso, estamos certos de que tamén gozará dos seus favores.

Compartir na redes sociais: