Emma Pedreira gaña o Premio da Crítica Española por Bibliópatas e fobólogos

Categoría: Nova

Hoxe soubemos que Bibliópatas e fobólogos de Emma Pedreira recibía o Premio da Crítica Española de narrativa galega. Con este libro de microrrelatos onde hai libros que falan de libros que conteñen libros que nos poden enfermar ou sandar ou sandar ou sacar o mellor de nós, que pode ser o peor, a Asociación Española da Crítica, a través da súa delegación en Galicia, premia o relato curto, a ironía fina e a vontade poética da autora.
Publicado por Galaxia en marzo de 2017, este libro que non deixou de colleitar lectoras e lectores vese agora recoñecido cun dos premios da maior prestixio nas nosas letras. Parabéns!

Compartir na redes sociais: