Publicaranse máis dunha ducia de textos, incluídos dous libros inéditos do autor
No 2023 a editorial Galaxia está de festa co gallo do día das letras galegas a Francisco Fernandez del Riego, un dos nosos fundadores. E como non podía ser menos queremos celebrar a máis non poder este ano de Don Paco con máis dunha ducia de publicacións de obras da súa autoría ou dedicadas a súa inxente obra en prol da nosa cultura e do noso país.
Hai unhas semanas inaugurouse a Biblioteca Fernandez del Riego co volume Con Pondal en Bergantiños, no que o noso autor fai un percorrido pola vida e obra de do “poeta solitario que canta o mar e a costa brava” de Bergantiños. En xaneiro de nesta colección saíra do prelo o libro, Lourenzá, obra na que Fernández Del Riego homenaxea e rende tributo a súa benquerida terra natal. Asemade nese mes tamén publicaremos unha achega biográfica, Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia, da profesora Malores Villanueva quen tantas horas de confidencias compartiu con el.
Pero as publicacións máis relevantes da Biblioteca Fernandez del Riego , serán dous inéditos do autor, Diario da guerra, con prólogo de Lourenzo Fernández Prieto, Catedrático de Historia Contemporánea da USC, textos nos que o noso don Paco conta en primeira persoa o seu devir como combatente durante aqueles días terribles da Guerra Civil. E tamén, Memoria do París literario, unha obra na que pasea coa súa exquisita pluma polos cafés parisienses e a literatura francesa, en edición da profesora Malores Villanueva.
A estes relevantes inéditos seguirán tres reedicións de tres libros fund