Concerto de presentación de HABERÁ PRIMAVERA en Vigo

Categoría: Nova

Este martes ás 20 h no salón de actos da Casa Galega da Cultura de Vigo terá lugar o concerto de presentación do libro-disco Haberá primavera, no que Cesár Morán pon música a catorce poemas de Álvaro Cunqueiro.

Intervirán Roberto Varela, Conselleiro de Cultura, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e o autor, César Morán.
Interpretaranse en directo algúns dos temas incluídos no libro en CD: César Morán (voz e guitarra), Alfonso Morán (contrabaixo) e Roberto Somoza (saxo).

Compartir na redes sociais: