O CANTO DA LITERATURA

Ás veces teño encontros con rapaces de institutos. Serven para que eles poidan ver que os escritores somos xente normal -vulgar, chegáronme a presentar unha vez-, e que a literatura está tan preto da súa man como ser camioneiros, torneiros ou cobradores do gas. Cómprelles -aclaro sempre- ser antes calquera desas cousas, porque a meirande […]

A fiestra da lectura

Adóitase falar da crítica literaria como un sector homoxéneo que exerce a facultade de xulgar, con criterio máis ou menos acertado, a produción do momento e, nalgúns casos, categorizala para a historia que está por escribir. Case sempre parte ao tempo que xuíza, a crítica literaria é situada a miúdo nun punto de mira delimitado […]

A historia privada

Para Aristóteles o poeta expresa o universal da natureza humana e o historiador o particular e relativo. Non sempre é así, pero a historia pon o social por riba do individual e adoita reparar nos grupos humanos e nas súas estruturas. A literatura detense máis na vida privada do home, no fragmentario e anecdótico, que […]

2 x 1

Cando se ten a sorte de convivir con máis dunha lingua é difícil comprender que un feito tan positivo e enriquecedor poida ser obxecto de polémicas e enfrontamentos. Vivo en Cataluña, e poucas veces escoitei á xente queixarse de que o ensino fose en catalán. Hai moitos anos que empregan a súa lingua nos centros, […]

Isto non é o que parece

En maior ou menor medida, os músicos estamos todos tolos. Patoloxicamente falando. A min díxomo o meu psiquiatra, e el disto sabe moito, porque é psiquiatra. Pero tamén porque é músico. En certa ocasión, xa un pouco afectados por demasiadas noites seguidas de xira, algúns compañeiros de Lamatumbá e mais eu decidimos recrear aquela foto […]

A mirada desafiante

Confésome sensible ao peso insoportable das metáforas terribles. Iso pásame por considerar a poesía un contacto íntimo, carnal, coa realidade; por considerar a responsabili – dade social anterior ao feito da creación artística; por considerar calquera acto de xustiza un acto poético. Préstame esa poesía paradoxal que é palabra que estoura en imaxes e palabra […]

Poeta: oficio ou cualificativo?

Nun recente simposio, un autor español mozo declaraba que “o poeta debe ser o faro da sociedade” e eu non me podía sentir menos identificada. De feito, penso que a herdada mitificación e aínda miStificación da poesía, ven sendo a orixe de moitos prexuízos e estereotipos que aturamos os e as que nos dedicamos a […]

PATOLOXÍA

Coma tódalas sociedades, a nosa tamén ten o seu propio malestar na cultura. Unha patoloxía: padece (pathos) da lingua (logos). Freud falou da “patoloxía das comunida- des culturais” e alertounos contra a idea de extrapola-la psicanálise do suxeito ás comunidades. Así e todo, poñendo esta prevención por diante, ¿poderiamos dicir que a cultura galega é […]