UNIVERSO LECTOR

Todo escritor está irremediablemente encadeado aos seus gustos literarios. Máis ca en influencias ou en reaccións penso no feito de que un sempre escribe os libros que anceia ler, ata o punto de que as lecturas alleas marcan tamén as coordenadas da obra propia. Relacionando ambos os dous datos é posible coñecer o universo que […]

O acordeón

Bob Dylan saca novo disco: Together Throungh Life. Na entrevista de lanzamento manifesta especial cariño por un instrumento do que, até o de agora, fixera escaso uso: o acordeón. Di que é a un tempo orquestral e persuasivo. Nunca reparara nas virtudes flexibles do acordeón, pero escoitándoo con calma demostra a súa natural capacidade para […]

Optimismo

Son optimista. Porque quero e porque me dá a gana. Porque o esforzo e as angueiras de tantas persoas que nos precederon non poden ser de balde. Porque creo que os discursos políticos enzoufan as preocupacións pero atrás diso non hai nada. Porque unha mentira mil veces repetida non constrúe unha verdade. Porque é responsabilidade […]

O PRACER DE SER MINORÍA

Non se trata de recrearse na derrota nin de engancharse á épica (lírica, ética, estética) do perdedor. Non vai de masoquismo, auto compaixón nin doutras leas de corte paradoxal que se nutren das zonas sombrías da alma. Non vai de resultados, puntuacións enfrontamentos, nin contendas. A minoría, vexámolo así, non se deriva necesariamente de procesos […]

Idioma: Ollar cara adiante sen ira

Esta tempada as augas do idioma noso baixan un tanto toldadas polas campañas político-mediáticas na súa contra, que acaban por ter efectos perniciosos en sectores sociais máis ou menos amplos. Estas campañas lémbrannos que sectores moi minoritarios, pero moi poderosos, da sociedade galega, os mesmos que historicamente encabezaron o proceso de castelanización do noso país, […]

Corvos Mariños

Dylan Thomas invócaos nun poema: Polo río cheo e inclinado e o mar que zigzaguea/ Onde os corvos mariños voan. Nada sabía eu deles ata que vin ao mar. Daquela estaban en perigo. Disparábanlles dende as proas dos barcos e dende os peiraos. Desenvolveuse entón un plan que axudou a recuperar a especie. Hoxe vense […]

Tempo de despedida

Pouco escoitei falar nesta campaña electoral de cultura, se cadra porque iso non dá tantos votos como falar de coches… Pero quero ver nese feito constatable unha fenda de esperanza, e crer que a nosa cultura pode suscitar máis consensos que liortas, máis entusiasmo que escepticismo, e que non vai ser utilizada para o axuste […]

A PENSAR

As culturas non se poden comparar en termos valorativos. Nin desde o punto de vista diacrónico, a dunha época coa doutra época, nin desde o punto de vista diatópico, a dun lugar coa doutro lugar. Que llo digan a Picasso que se fixo ultramoderno referindo a arte ancestral africana. Na Europa posfuturista a arte inspirábase […]