A casa do terror gaña o Premio Martín Códax da Música 2019

Péchase a VI Edición do Premio Martín Códax co galardón a Xoán Curiel e a Banda do Verán na categoría de música infantil pola súa obra A casa do terror. Estes premios da música galega, promovidos pola Asociación de Músicas ao Vivo nacen coa intención de dar visibilidade e recoñecer a diversidade e a calidade […]
Chega ás librarías Beleza vermella de Arantza Portabales

Mañá, xoves 9 de maio, Arantza Portabales regresa ás librarías co seu último traballo, Beleza vermella, unha novela negra que non deixará indiferente a ninguén. A súa segunda novela, Deixe a súa mensaxe despois do sinal, publicada inicialmente en galego por Galaxia e finalista do Premio San Clemente, traduciuse a outros catro idiomas: castelán, italiano, hebreo […]
Campus Morte gaña o Premio Frei Martín Sarmiento

Campus Morte, a primeira novela de Lito Vila Baleato, resultou o pasado venres a obra gañadora do XV Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de bacharelato e adultos. Un galardón que o autor recolleu nun acto celebrado na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Deste xeito, o debut narrativo de Vila Baleato, […]
A noite do lobo de Abel Tomé gaña o Premio Illa Nova de Narrativa 2019

Esta tarde na Fundación Barrié de Vigo (Policarpo Sanz, 31) entregouse o Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos convocado pola Editorial Galaxia. O gañador desta terceira edición foi Abel Tomé coa novela A noite do lobo. A obra desenvólvese nunha época remota no acervo galaico portugués pero conta con referencias actuais e […]
Mañá coñeceremos a obra gañadora do Illa Nova 2019

Mañá, sábado 4 de maio, darase a coñecer o nome do gañador ou gañadora do Premio Illa Nova 2019 nun acto que terá lugar na sede da Fundación Barrié (Policarpo Sanz, 31) ás 19:00h. Despois do éxito obtido polas dúas novelas gañadoras nos anos anteriores, A vida sinxela de Marcelo Firmamento e Senlleiras, esta terceira edición do Premio Illa […]
Nominados ao Premio Martín Códax da Música dous libro-discos de Galaxia

Xoán Curiel e a Banda do Verán con A casa do terror e Olga Brañas con Pitusa Semifusa e os estilos musicais son dous dos nominados na categoría de música infantil na sexta edición dos Premios Martín Códax da música. Estes premios da música galega, promovidos pola Asociación de Músicas ao Vivo nacen coa intención […]
Convócase a II edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro
Chega ás librarías As vidas de… Antonio Fraguas

Xosé A. Neira Cruz achéganos á vida e obra de Antonio Fraguas a través dunha biografía novelada chea de aventuras. As vidas de…Antonio Fraguas é a adaptación para os máis pequenos da historia dunha das personalidades máis importantes na literatura galega. Ao longo das súas páxinas empréndese unha viaxe no tempo na procura dunha das obras poéticas de […]