Antón Lopo recolle o Premio da Crítica Española por Extraordinario

Onte, martes 28 de maio, tivo lugar na sede de Afundación na rúa do Vilar de Santiago de Compostela un encontro arredor das obras e autores galardoados cos Premios da Crítica Española en lingua galega: a novela Extraordinario de Antón Lopo e o poemario Tempo fósil de Pilar Pallarés. O acto, organizado pola Asociación Galega […]

Un libre favor, o novo poemario de Chus Pato

Chus Pato regresa ás mesas de novidades das librarías despois de seis anos con Un libre favor, un novo poemario que ve a luz na colección Dombate. Chus Pato (Ourense, 1955) é dona dunha das poéticas máis persoais e vangardistas da poesía en lingua galega e conta cunha voz renovadora e rupturista internacionalmente recoñecida que […]

Continúan as presentacións de Sándalo

O próximo sábado 25 de maio ás 12:30h terá lugar a presentación de Sándalo, a nova obra de María Xosé Porteiro, na libraría Trama en Lugo.  Acompañando a autora estarán a artista plástica Luz Darriba, o xornalista Martín Fernández Vizoso e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. María Xosé Porteiro percorre douscentos anos de […]

Xa está aquí o Inspiraciencia 2019

Ábrese a novena edición de Inspiraciencia, un concurso de relatos de inspiración científica impulsado pola Delegación do Consello Superior de Investigacións Científicas en Cataluña coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, e onde a Editorial Galaxia é unha das entidades promotoras. O prazo de presentación dos relatos finaliza o 19 de […]

Antonio Fraguas: Letras Galegas 2019

Con motivo da homenaxe a Antonio Fraguas polo Día das Letras Galegas, presentamos dende Galaxia as principais novidades que se publicaron ao longo de ano arredor do autor. Antonio Fraguas. Mestre da memoria, de Malores Villanueva Gesteira é a única biografía sobre este autor destinada a un público adulto. Esta obra marca unha viaxe polo […]

Preséntase en Santiago de Compostela Beleza vermella

O pasado 9 de maio chegaba ás mesas de novidades Beleza vermella, a nova novela de Arantza Portabales. E hoxe, mércores 15 de maio ás 19:30h, estaremos na libraría Cronopios de Santiago de Compostela para asistir á súa presentación. Acompañando á autora estarán a escritora Inma López Silva e Francisco Castro, director xeral da Editorial […]

Galaxia recibe dous premios na Gala do Libro 2019

O pasado sábado, 11 de maio, déronse a coñecer no Teatro Principal de Santiago de Compostela as obras gañadoras da Gala do Libro 2019. E foron dúas as obras da Editorial Galaxia galardoadas nestes premios: Natura, de Iolanda Zúñiga, na categoría de narrativa, e Memoria do corpo, de Xesús Rábade Paredes, en poesía. A Gala […]

Galaxia reafirma o seu compromiso co Autismo

Galaxia renova o seu convenio coa Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo coa intención de fomentar a inserción laboral das persoas con autismo. No ano 2017 a Editorial Galaxia sumouse ao programa Axúdalle a encaixar,  da Asociación de Trastrornos do Espectro Autista de Vigo (TEAVi), co obxectivo de brindar oportunidades no mercado laboral […]