Domingo Villar e Arantza Portabales, os bestsellers do verán

O suplemento Fugas de La Voz de Galicia fai un reconto do máis vendido do verán, destacando as novelas O último barco de Domingo Villar e Beleza Vermella de Arantza Portabales. Estamos moi contentos porque de entre a moi variada oferta que se pode atopar en todas as librarías de Galicia, estes dous títulos, editados […]

A prestixiosa Granta publica a Chus Pato

A revista Granta, unha das máis importantes no panorama internacional, publicou tres poemas do libro Un libre favor de Chus Pato, á que presentan como unha das poetas contemporáneas máis importantes do panorama europeo. Unha autora prodixiosa que é quen de levar a súa escrita en galego por todo o mundo, mediante traduccións ao castelán […]

A herba de namorar chegará a toda Galicia

Vinte anos de poesía non son poucos. A herba de namorar condensa ese lapso en cincuenta poemas, a maioría editados e algúns inéditos. Segundo palabras da propia autora, “en liñas xerais, correspóndense con aqueles que salvaría se só puidese rescatar eses. Non son necesariamente os que máis quero nin os que máis lembro; si son […]

Século e medio co Capitán Nemo

20.000 leguas baixo dos mares foi a primeira novela en galego en edición de lectura fácil “Todo o que o home pode imaxinarse, algún día será realidade”, era a frase que solía repetirse o autor francés Jules Verne, e non lle faltaba razón. Apaixoado pola música, o mar e a liberdade, deixou tras de sí […]

Cunqueiro e Blanco Amor, imprescindibles.

Setembro chega cargado de boas novas! Estamos moi felices porque na sección de Fugas de La Voz de Galicia, Ana Abelenda consultou a diferentes persoeiros da cultura como son Marilar Aleixandre, Domingo Villar, Francisco Castro ou Arantza Portabales, para saber cales son as novelas que non vos podedes perder. Entre outros títulos imprescindibles, resaltáronse Merlín […]

Adianto do outono literario

Unha ampla proposta de libros para todas e todos De seguido ofrecemos un breve adianto informativo con parte do Plan Editorial que Galaxia ten pensado para o derradeiro trimestre do ano. Propostas para todos os públicos. Entre as novidades destacamos obras coma Herba de namorar de María do Cebreiro, Historia da vida cotiá en Galicia […]

Un verán con libros!

En agosto Galaxia marcha de vacacións e estaremos menos activos en redes, pero oxalá vos acompañemos a través das vosas lecturas este verán: na praia, na piscina, no río, á sombra dunha árbore… Calquera lugar é bo para mergullarse nas páxinas dun libro! Á volta, en setembro, prometemos máis novidades, máis historias, máis aventuras, máis […]