170 aniversario do finamento de Edgar Allan Poe

O 7 de outubro de 1849 deixaba a vida, hai 170 anos, en Baltimore un dos máis grandes escritores da literatura universal. Edgar Allan Poe (Boston, 1809 – Baltimore, 1849), escritor, poeta, crítico e xornalista. É un dos mestres do relato breve, un autor fundamental na renovación da novela gótica, e recordado especialmente polos seus […]

Catro obras de Galaxia finalistas no premio Mondoñedo 10

Estamos moi felices porque varios títulos da Editorial Galaxia resultan elixidos como finalistas no premio Mondoñedo 10 na categoría de mellor obra de Ensaio en galego da última década (2009 – 2019). As obras elexidas foron as seguintes: – Para que nos serve Galiza? de Xaime Subiela. Galaxia, 2012 –Historia de Galicia de Ramón Villares. Galaxia, […]

Presentación de A pluma insubmisa na Estrada

O día 1 de outubro, ás 20:00 h, terá lugar no Mome de A Estrada a presentación de A pluma insubmisa. Ensaios inéditos de Manuel García Barros, recopilados e editados por Carlos Loureiro Rodríguez e Xesús Domínguez Dono. Asistirán os seus editores, Francisco Castro, Director Xeral da Editorial, Valentín García Gómez, Secretario xeral de Política […]

Presentación de Galicia, o país das marabillas en Santiago de Compostela

O día 30 de setembro, ás 19:30 h, realizarase a presentación de Galicia, o país das marabillas de Claudia Castro, na libraría picheleira Os mundos de Carlota. Á capital compostelá asistirán a autora, Paula Carballeira e Francisco Castro, director xeral da editorial. Velaquí unha nova visión, insólita, divertida e poética, sobre Galicia. É unha viaxe […]

Día Europeo das Linguas

Hoxe, 26 se setembro é o Día Europeo das Linguas, así foi proclamado polo Consello de Europa co apoio da Unión Europea o 6 de decembro de 2001. O seu obxectivo principal é fomentar o aprendizaxe de idiomas en toda Europa, entre todas as xeracións. O plurilingüismo fomenta o coñecemento e a cercanía con outras […]

Gonzalo Hermo gaña o XIII Premio de Narrativa Breve Repsol

A obra premiada leva por título Diario dun enterro e será publicada pola Editorial Galaxia. Gonzalo Hermo, gaña a XIII edición do Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega pola súa obra Diario dun enterro. Así o comunicou este mediodía a portavoz do xurado, Berta Dávila. O acto do fallo tivo lugar no restaurante Árbore […]

Presentación de 900 en Betanzos

O día 27 de setembro, ás 20:30 h, terá lugar na libraría Biblos de Betanzos, a presentación de 900 de Xabier López, gañadora do Premio Torrente Ballester 2018. Intervirán, ademáis do autor, o director de edicións de Editorial Galaxia, Carlos Lema e o deputado provincial Xurxo Couto. Unha descomunal e estimulante novela na que, co […]

Editorial Galaxia publica a antoloxía completa de Fiz Vergara Vilariño

Galaxia publica nestre tramo final do ano a antoloxía poética de Fiz Vergara Vilariño, escrita por Yago Rodríguez Yáñez. Un traballo necesario e unha gran escolma poética por parte do autor. Atopámonos ante un referente esencial, polo que hai que transitar para entender a nosa poesía actual. O poeta naceu e morreu na parroquia de […]