Programa de sinaturas da Editorial Galaxia na Feira do Libro de Santiago

Comeza a primeira Feira do Libro 2020 coa Feira de Santiago de Compostela! Celebrarase, coas correspondentes medidas hixiénicas e de seguridade, do 13 ao 21 de xuño en horario de maña: 11.30 – 14.00 e de tarde: 17.30 – 21.00 No paseo central da alameda de Compostela. Velaquí o programa de sinaturas no que participarán […]
Presentación virtual de “O país do porvir”

O día 11 de xuño, ás 19 h, celebrarase, a través da plataforma ZOOM, a presentación de O país do porvir, de Xoaquín Fernández Leiceaga. Acompañando ao autor, coordinará o evento Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. Poderedes acceder ao encontro a través da seguinte ligazón e contrasinal: A Editorial Galaxia invítalle á reunión de Zoom programada. Tema: Presentación de “O país do porvir”, de Xoaquín Fernández Leiceaga Hora: 11 xuño 2020 19:00 PM Unirse á reunión Zoom https://zoom.us/j/8208888663?pwd=ZVh6S2VSbWwyOWJWaktNTXZ2KzhNZz09 ID da reunión: 820 888 8663 Contrasinal: 5SEGD2 […]
“Ilustrísima”, de Carlos Casares, cumpre 40 anos

Neste 2020 cúmprense 40 anos de Ilustrísima, unha das obras máis senlleiras do escritor, crítico literario e antigo director da Editorial Galaxia, Carlos Casares. Publicada por Galaxia en 1980, Ilustrísima é un canto á bondade e á humanidade da xente e un alegato en contra do dogmatismo e da violencia. Situada nos primeiros anos do século […]
Catro libros de Galaxia, seleccionados na lista de honra da OEPLI

A OEPLI (Organización Española para la Promoción del Libro Infantil y Juvenil) destacou catro títulos da Editorial Galaxia na Lista de Honra 2020. Cada dous anos, a OEPLI organiza esta lista en que son seleccionados os 200 mellores libros de literatura infantil e xuvenil en todas as linguas de España. Trátase dun gran mérito que catro dos […]
A Editorial Galaxia estará no I Festival Virtual do Libro de Galicia

A Editorial Galaxia estará presente con 11 actos. Aquí o programa completo da Editorial Galaxia na FLIV: Venres 26 de xuño 12:00 h. Mesa Redonda: Animación á lectura. As autoras de Habitando historias presentarán o libro, en compaña de Javier Pintor Naír, na sala Xulio Amigo. 18:00 h. Recital poético para a rapazada. Autoras e autores […]
Os poemas de “Corpo de Antiochia”, de Tamara Andres, xa se poden ler en alemán

Xa se poden ler dous poemas de Corpo de Antiochia, de Tamara Andrés, en alemán. Este libro é o primeiro poemario da autora nesta colección, Dombate. É unha forma de viaxe a través do tempo, das cronoloxías e das maneiras de mirar dunha poeta que quere, nun verso, atrapar os mundo, físicos ou simbólicos, que […]
Xa está nas librerías “Historia da literatura galega contemporánea”, de Carballo Calero

Dispoñible nas librerías de toda Galicia. Xa podedes adquirir o voso exemplar de Historia da literatura galega contemporánea, de Ricardo Carballo Calero. Trátase dun facsímile da edición orixinal, publicada en 1981. Entre 1808 e 1936, datas decisivas da historia peninsular e, polo tanto, da historia de Galicia, desenvólvese un ciclo da literatura galega que chamamos contemporánea, […]
Tres libros de Galaxia, finalistas na XVII edición do Frei Martín Sarmiento

Tres libros de Galaxia, finalistas na XVII edición do certame literiario Frei Martín Sarmiento. Este foi o resultado tras convocarse a próxima edición, que cada vez conta con máis participación entre o alumnado da rede de colexios de Escolas Católicas. Na categoría infantil, resultou finalista o último traballo de Mamá Cabra, A fraga do meu avó. […]