Presentación de 2 obras inéditas Manuel García Barros

O sábado 27 de xuño, ás 18 h, celebrarase, na Praza do Mercado da Estrada, a presentación de Aventuras de Alberte Quiñoi e Estampas desde o val, de Manuel García Barros. Acompañando aos editores Carlos Loureiro e Xesús Domínguez Dono, asistirán ao acto, Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística, o alcalde da Estrada, Xosé […]

Presentación de “O caderno de Rosalía”, en Ribeira

O día 26 de xuño, ás 20:30 h, celebrarase, no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, a presentación de O caderno de Rosalía, de María Xesús Blanco. Acompañando á autora, intervirán Blanca-Ana Roig Rechou (A. C. Barbantia), Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia, Manuel Cartea, Presidente da A. C. Barbantia, e Manuel Ruiz Rivas, […]

Presentación de “Prana Apana”, de Patricia Rivas Gallego

O día 25 de xuño, ás 19 h, celebrarase, a través dun directo en Instagram, a presentación de Prana Apana, de Patricia Rivas Gallego. Acompañando á autora, coordinará a presentación Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. Podedes acompañarnos ese día, accedendo á presentación, no noso perfil de Instagram: www.instagram.com/galaxiaeditorial/ Prana Apana é un proxecto que, nun contexto […]

Programa de sinaturas da Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo

Comeza a Feira do Libro 2020 en Vigo! Celebrarase, coas correspondentes medidas hixiénicas e de seguridade, do 25 de xuño ao 4 de xullo en horario de maña: 11.00 – 13.00 (agás o día 25, que é a inauguración oficial) e de tarde: 17.00 – 20.00, na rúa do Príncipe. Contará cun pregón a cargo da escritora María Xosé […]

GALAXIA NA FLIV

Velaquí toda a programación da Editorial Galaxia no Festival Virtual do Libro de Galicia! Impulsado por Data Lib, Fervenzas literarias e Anna R. Figueiredo, nace o FLIV 2020, o I Festival Virtual da Literatura galega. Programación: Venres 26 de xuño 12:00 h. Habitamos historias? Cal é o papel da lectura na sociedade. Javier Pintor conduce […]

A Editorial Galaxia recibe a visita institucional do Bloque Nacionalista Galego

Onte pola mañá recibimos na Editorial Galaxia a visita institucional do Bloque Nacionalista Galego que quixo partillar con nós as súas ideas de cara ao apoio ao mundo da edición e do libro de Galicia. Acodiron á nosa sede de Vigo, Luís Bará, Alexandra Fernández, Xabier P. Igrexas e Carmela González. Foron recibidos polo noso presidente, […]

Arranca a Escola de Letras co seu primeiro curso

Onte, Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia, en compaña da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentaban a Escola de Letras, pioneira en Galicia, en Vigo. Á presentación tamén acudiu o resto do claustro, formado pola escritora Inma López Silva e os escritores Antonio García Teijeiro e Diego Giráldez. A Escola de Letras, que […]