8 de marzo: Folga Feminista

Hoxe é 8 de marzo e coma sempre a Editorial Galaxia apoia a folga de mulleres que pretende visibilizar a importancia e esencialidade do traballo das mulleres. É un día moi importante na loita pola Igualdade, unha loita que a Editorial Galaxia sinte como propia. Feliz 8 de marzo para todas.
A Editorial Galaxia publicará unha completa biografía de Xela Arias

Montse Pena Presas é a autora da publicación. A primeiros do mes de abril, a Editorial Galaxia publicará a obra de Montse Pena Presas, Intempestiva. Biografía (literaria) de Xela Arias. A obra é froito dun rigoroso estudo da poeta de Sarria a cargo dunha das analistas literarias máis importantes do noso país e que xa […]
Aleixandre e López Sández publican o seu libro sobre Emilia Pardo Bazán

Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento de Emilia Pardo Bazán, de Marilar Aleixandre a María López Sández, é o novo libro da Colección Feminismos. O resultado de dous intensos anos de traballo nos que as escritoras intercambiaron sinerxías para darlle vida a este novo título. Un libro necesario para seguir movendo os marcos do […]
Presentación de “Movendo os marcos do patriarcado”, en Vigo

Hoxe presentamos na Delegación da Xunta de Galicia en Vigo o libro de Marilar Aleixandre e María López Sández Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán e que publicamos na Editorial Galaxia dentro da colección Feminismos. Ademais das autoras, estiveron con nós no acto o presidente do Consello de Administración da […]
Presentación de “Dormente”, en Vigo

O día 4 de marzo, ás 20 h, celebrarase, na libraría Cartabón de Vigo, a presentación de Dormente, de Raquel Castro. Acompañando a autora, asistirá Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Como o aforo é limitado, recoméndase confirmar asistencia no seguinte correo: listacartabon@gmail.com O acto contará con todas as medidas de seguridade. O novo […]
Rolda de prensa de presentación “Movendo os marcos do patriarcado”, en Vigo

O día 3 de marzo, celebrarase, ás 13:00 h, no Auditorio da Delegación da Xunta en Vigo, unha rolda de prensa con motivo da presentación do libro Movendo os marcos do patriarcado, de Marilar Aleixandre e María López Sández publicado dentro da Colección Feminismos da Editorial Galaxia. Acompañando ás autoras, intervirán, o presidente da Xunta de […]
Presentación de “Libres e vivas”, en Ares

O día 2 de marzo, celebrarase, ás 19 h, a presentación do libro colectivo Libres e vivas, na Biblioteca Municipal de Ares. Acompañando ás autoras Charo Pita, Elisabeth Oliveira e Paula Carballeira, participarán no acto o alcalde, Julio Iglesias, Alma Barrón, Concelleira de Cultura, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Como o aforo é […]
A Escola de Letras volve cunha nova edición

Despois do grande éxito da primeira edición, a Escola de Letras volve a abrir as súas portas para todas as persoas que estean interesadas en aprender e gozar da palabra con algunhas das voces literarias máis importantes do panorama galego actual. Con novas propostas, o vindeiro luns 1 de marzo, ás 8:00 h, abrirase o prazo […]