Jesús Curros Neira recolle o I Premio de Ensaio Camiño de Santiago

Onte celebrouse o acto de entrega do I Premio de Ensaio Camiño de Santiago. Recibiuno Jesús Curros Neira pola obra Escenas, imaxes e sons do Camiño, que vimos de publicar na Editorial Galaxia. No acto participaron, canda o premiado, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, Valentín García Gómez, secretario xeral de […]
Presentación de “Escenas, imaxes e sons do Camiño”, en Santiago de Compostela

Hoxe, ás 18:30 h, celebrarase, no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, a presentación do libro Escenas, imaxes e sons do camiño, I Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2020, de Jesús Curros Neira, Acompañando o autor, participarán Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Xesús Palmou, presidente da Academia Xacobea, e Francisco […]
A figura de Xela Arias como narradora no inédito “Non te amola!”

A semana pasada presentouse en rolda de prensa na Libraría Librouro de Vigo, o libro inédito de Xela Arias, ilustrado por Luz Beloso, Non te amola!. Acompañados da súa nai, presentaron o libro Darío Gil Arias, fillo da autora, a ilustradora Luz Beloso, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Na editorial asumimos con orgullo […]
Comeza o primeiro obradoiro da Escola de Letras con Inma López Silva

Onte comezou o primeiro obradoiro da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, coa escritora e docente Inma López Silva. Con 15 prazas cada curso, botou a andar onte en Vigo, de maneira telemática, o encargado de innaugurar esta segunda edición da Escola. Celebrase os días 15 e 22 de marzo; 12, 19 […]
A Editorial Galaxia publica esta semana o libro inédito de Xela Arias

NON TE AMOLA! é o título deste libro da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021. Esta semana chegará a todas as librerías de Galicia a obra inédita de Xela Airas, Non te amola!, ilustrada por Luz Beloso, e que publicamos na colección “Libros para compartir”. Trátase dun libro que permanecía inédito ata agora […]
Comeza a segunda edición da Escola de Letras

Despois do grande éxito da primeira edición, a Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, volve a abrir as súas portas ao alumnado este luns de xeito telemático. Baixo a premisa de “todos temos unha historia que contar“, inaugura o comezo da Escola a escritora Inma López Silva co seu Obradoiro Literario, previsto […]
A Editorial Galaxia publica o novo traballo poético de Manuel Seixas

A Editorial Galaxia publica o novo traballo poético de Manuel Seixas Trevo. Triloxía de outono, poética de vida, morte e ausencia Logo dun silencio editorial de seis anos, volve Manuel Seixas a atoparse coas súas lectoras e lectores nun vibrante poemario que a Editorial Galaxia publica dentro da súa colección Dombate. Trátase dun libro que […]
A Editorial Galaxia publica “As malas mulleres”, Premio Blanco Amor 2020

Estes días chega ás librarías de todo o país a novela gañadora do Premio Blanco Amor 2020, obra de Marilar Aleixandre e titulada As malas mulleres. A través das páxinas da novela, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 […]