Máis visibilidade para o libro galego

No Xornal de Galicia de hoxe ofrécese unha interesante reportaxe na que os responsables da editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes e de Xerais, Manuel Bragado, dán a réplica ás opinións verquidas por algúns libreiros nos últimos días. Pódese ler a información completa no noso blog do que ofrecemos ligazón á dereita destas palabras.

Un novo discurso para a política lingüística en Galicia

"Os grandes defensores da convivencia das linguas e do multilingüismo en Galicia somos os defensores do uso e a normalización do idioma galego, non eses outros que din falar de bilingüismo e que, no fondo, arrastran ou reproducen os vellos prexuizos contra o idioma galego, que son tamén os prexuizos contra a nosa modernidade". Tales […]

BO NADAL

E libros para ler, para gozar, para sermos felices, para compartir, para sentir, para emocionarse, para vivir máis, para coñecer mundo, para estar noutros universos. Libros para ser. (Ilustración de Rodrigo Chao para o libro "O prodixio dos zapatos de cristal" de Xosé A. Neira Cruz)

Neve en Trasalba

Animámoste a dar un paseo virtual polo Trasalba nebado vendo as fotos que preparamos para ti no noso blog.

Galaxia recupera as memorias de Franco Grande

Galaxia publica Os anos escuros nunha nova edición moi ampliada. Franco Grande é capaz de transmitir aos lectores o ambiente do que foi a resistencia cultural dunha xeración en plena ditadura franquista. A renovación da Real Academia Galega, o papel de figuras como Ramón Piñeiro, Borobó e Domingo García-Sabell e a evolución do galeguismo ata […]

Editada a Obra Literaria Completa de Fole

Como a maioría dos autores galegos da súa época, Ánxel Fole (Lugo 1903-1986) comezou escribindo en castelán e continuou utilizando esta lingua durante o resto da súa vida. O lector xa coñece a súa produción en galego reunida nos dous volumes da súa Obra Completa publicados por primeira vez no 97; por iso agora facíase […]

O historiador Ramón Villares presenta hoxe en Ferrol 'A historia de Galicia'

O libro recolle datos do Lugo romano, a Compostela de Xelmírez, a Pontevedra dos mareantes e mercadores, o Ferrol ilustrado, a Coruña medieval, o Vigo industrial e o Ourense da Xeración Nós. Asemade, tamén se fala no volume de Villares das épocas do humanismo e dos Austrias, da Galicia sueva, do caciquismo e do período […]