Libros para o verán

Nos catálogos de Editorial Galaxia, nesta mesma páxina web, tes unha ampla oferta de fondo histórico, clásicos e novidades: dende Otero Pedrayo a Castelao, Eduardo Blanco Amor, Ánxel Fole ou o sempre fascinante Álvaro Cunqueiro; dende Carlos Casares, Paco Martín e Xavier Alcalá a Bieito Iglesias, Antón Riveiro Coello, Domingo Villar, Caneiro ou Xosé Antonio […]

Manuel Forcadela volve á poesía

Manuel Forcadela desenvolve en Música de cinza dúas temáticas ben diferenciadas. Por una banda, a musical, que tanto ten que ver coa forma dos poemas, nos que predomina o alexandrino e o heptasílabo, con algún que outro hendecasílabo, como coa poesía de raíz dionisíaca, en que van xurdindo os ditados dun mundo telúrico, como se […]

Nova novela de Paul Auster

Editorial Galaxia presenta a nova entrega dun dos autores contemporáneos con máis éxito de crítica e de lectores: Un home na escuridade, traducida por Eva Almazán, que se distribúe en lingua galega á par das outras linguas europeas. Novidade para o próximo outono. Paul Auster (New Jersey, 1947) enfróntase ás pantasmas da sociedade contemporánea cunha […]

Alfredo Conde recibe o premio Civilta delle Minorance

Non é a primeira vez que Alfredo Conde obtén un premio literario en Italia. En 1990 a súa novela Xa vai o griffón no vento recibiu o Premio Cavour á mellor novela estranxeira, convocado pola Fundación Grinzane Cavour, unha das partes que creou agora o galardón de apoio ás minorías (Civilta delle Minorance) xunto coa […]

MUSICONTOS

No marco das sesións didácticas da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia, realizarase a gravación da música que acompañará á próxima edición de O prodixio dos zapatos de cristal, adaptación en galego do conto da Cinsenta. A orquestra gravará a Abertura e varias pasaxes orquestrais de La Cenerentola, obra composta por Rossini sobre o conto […]

FINOU ANXO REI BALLESTEROS

Dos anxos e dos mortos supuxo, ademais, a primeira novela en galego na era democrática, e a súa forza e modernidade aínda nos sorprende hoxe en día. Así e todo, a obra de Rei Ballesteros vai moito máis aló desta novela senlleira. O seu ámbito de interese foi moi amplo, como testemuñan ensaios como Tempo […]

É TEMPO DE SAMAÍN

A colección "Pimpín por aquí non vin" está formada por uns fermosos libros en formato acordeón, volumes despregables nunha longa saba na que a ilustración, da autoría de Jacobo Fernández, ocupa case que todo o protagonismo. Crianzas e adultos poderán xogar coa historia tentando solucionar as preguntas que se lles propoñen no propio texto ao […]

"EU TAMÉN SON FONTE" EN RIBEIRA

Despois do seu paso por Moaña, onde estivo aberta durante o mes de Outubro, as ilustracións de Leandro Lamas para o libro de Teresa Moure, Eu tamén son fonte, chegan durante o mes de Novembro ao Auditorio de Ribeira. Trátase dun conxunto de paneis en formato grande onde o espectador pode, ademais de asistir a […]