A literatura galega en Fráncfort

Onte inaugurouse a Feira de Fráncfort, a mostra do libro máis grande do mundo. A mostra alemana é a gran cita anual relacionada cos libros e toda unha referencia no sector. O país convidado nesta ocasión é China e un dos temas estrelas da mesma, sen dúbida, será todo o relacionado co libro electrónico. A […]

Homenaxe a Ramón Cabanillas no Grove

Editorial Galaxia e a Concellería de Cultura do Concello de Grove organizan esta homenaxe a Ramón Cabanillas de quen este ano se conmemora o medio século do seu pasamento. Este sábado 10 de outubro, ás 19.30 h, na Casa da Cultura Lueiro Rei do Grove presentarase o libro RAMÓN CABANILLAS. CRÓNICA DE DESTERROS E SAUDADES, […]

Un Galeúsca reivindicativo

Como cada ano, celebrouse, desta volta en Arantzazu (Euskadi) o encontro anual de escritores galegos, vascos e cataláns, nesta ocasión reunidos durante tres días para reflexionar arredor dos grandes retos aos que se enfrontan as literaturas dos países con linguas minorizadas. Entre as distintas conclusións das xornadas, os escritores participantes, dos tres países, decidiron sumarse […]

Gran éxito de 'Comedia Bífida' entre os escolares galegos

Cando levamos xa varias semanas de funcionamento da campaña ideada por Galaxia e impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, 'En galego, por que non?', a primeira avaliación que podemos facer non pode ser máis positiva. Á saída dos teatros, tanto alumnas e alumnos de bacharelato, para os que vai dirixida a campaña, como os […]

Camiñantes. Un itinerario filosófico

Escrito coa clara conciencia do xardineiro que aspira a obter pequenos froitos, co mesmo valor do artesanal, este libro camiña cara ao que dende as orixes da filosofía foi o fin máis elevado para o home: a felicidade. Unha felicidade sostíbel, construída cos retallos fuxidíos dos momentos de dita. Velaquí un libro que fala do […]

'Eu tamén son fonte' en Vigo

A exposición arredor do libro de Teresa Moure, 'Eu tamén son fonte', ilustrado por Leandro Lamas e que leva arredor dun ano itinerando con grande éxito por toda Galicia, chegou onte á cidade de Vigo. Na sede da Casa das Mulleres (rúa Romil, 20, baixo, dereita) produciuse este martes a inauguración desta mostra que permanecerá […]

Domingo Villar, o autor do verán

Tanto nas feiras de Vigo como da Coruña foi o autor máis celebrado, e en Sanxenxo (nas fotografías) as fileiras de lectores que pedían asinar os seus libros prolongouse ata as dez da noite do pasado 18 de agosto. Da "A praia dos afogados" Editorial Galaxia publicou o pasado mes de abril 5.000 exemplares. Xa […]

Teatro, educación, historia

Dende a antiga Grecia, o teatro, a súa saúde e presenza na sociedade, é un indicador da saúde dunha sociedade. En permanente debate, o teatro axúdanos a entendérmonos mellor na medida en que, no fundamental, fala de todos nós. A Editorial Galaxia tira do prelo estes días, precisamente, dous novos volumes da súa Biblioteca de […]