Neira Vilas: "Escribir é algo esencial. A miña razón de vivir"

Falar de Neira Vilas é falar da infancia de media humanidade. Ou case. É, sen dúbida, un dos escritores máis sobranceiros do noso país. Nacido en Vila de Cruces en 1928, a súa vida e a súa obra está marcada pola emigración, que el viviu en primeira persoa en Arxentina e en Cuba. Dese sentir […]

Feliz 2011

Para este ano 2011 desexamos que veña cheo de libros e de palabras lindas, de historias nas que atopar emocións e, xa que logo, máis ganas de ler. Porque sabemos que a nosa capacidade de amar a lectura é contaxiosa e porque devecemos por 'infectar' a cantas máis persoas mellor. Porque sabemos, tamén, que non […]

Presentación de UN SOÑO NA BANDEXA en Poio

Este martes presentarase en Raxó, no Concello de Poio, o libro de Marine Lorenzo Corcoba, Un soño na bandexa, recentemente publicado na colección Tartaruga e que está a ter un éxito clamoroso tanto de crítica como de público nos moitos actos que xa se celebraron, tanto abertos á cidadanía como en colexios, arredor desta tenra […]

Unha cociña na que nos recoñecemos

O salón do Real Club Náutico de Vigo quedou pequeno para acoller a presentación do novo libro de receitas do cociñeiro Benigno Campos. O acto, presidido por palabras emocionantes e discursos sobre a felicidade, encheuse tamén de música. Por algo este novo receitario vén acompañado dun CD coas cantigas do programa de Larpeiros. Abriu o […]

Ángel Llanos na presentación do seu libro

O día de onte foi importantísimo na vida longa e fecunda do fotógrafo Ángel Llanos, de quen a nosa editorial onte presentou o libro 'Ángel Llanos, fotógrafo' escrito por Xerardo González Martín. Ata última hora non sabiamos se o gran mestre ía estar compartindo con nós o instante da saída á luz do seu legado […]

Galaxia no Culturgal

Dende este venres e ata o domingo, Editorial Galaxia desenvolverá todo un mollo de actos pensados para todo tipo de públicos. Espectáculos de maxia, actuacións musicais, faladoiros con escritores e escritoras… todo un conxunto de actividades que convertirán Pontevedra no centro cultural do noso país. De seguido, o calendario preparado pola nosa editorial: Venres 26 […]

Presentación de O IMPOSIBLE DE DESATAR na Coruña

Este xoves Iván García Campos presenta a novela gañadora do Premio Blanco Amor 2010, 'O imposible de desatar'. No acto intervirán, canda o autor, o tamén escritor e xornalista Camilo Franco, e o director literario de Galaxia, Carlos Lema. Con 'O imposible de desatar' Iván García Campos inicia a súa andaina literaria cunha obra da […]

A saúde do sector cultural galego

Pasada unha semana, é tempo de facer balanzo do Culturgal, a recuperada Feira das Industrias Culturais, escaparate da edición, o audiovisual e a música galega que este ano se celebrou na cidade de Pontevedra coa satisfacción unánime do sector e o compromiso firme de continuidade. "Despois do éxito desta edición, ninguén pode dubidar que haberá […]