Tags: autovía, pitas, cyborg

Para o libro 'Cociñando ao pé da letra', o poeta Xavier Cordal atreveuse cun prato aparentemente sinxelo a base de ovos e friame que vos deixamos aquí. INGREDIENTES Patacas canabé Ovos de pita ceiba Lombo, chourizo e touciño da casa Mencía "Algueira", dous anos como máximo, temperatura ambiente. PREPARACIÓN -Cortar o friame nunha bandexa, ao […]

Nova edición para 'Xogo sucio'

Estes días irá chegando ás librerías do país todo un clásico da literatura xuvenil como é 'Xogo sucio', de Manuel de Pedrolo, que coñece na colección Costa Oeste a súa terceira edición. Unha historia policial na que o amor vai ter un gran protagonismo e que sempre gozou do favor do lectorado xuvenil galego que […]

ÁRTICO 2.0 na Feira do Libro de Vigo

Publicado por primeira vez a fins de 1990, con el o autor de 'Os ciclos do bambú' obtivo o Premio da Crítica española. Esta nova edición, coa que se celebran os vinte anos do debut literario de Queipo, convida a unha nova lectura dun dos títulos que iniciaron a renovación da narrativa galega na última […]

Bocata de felicidade

Para o libro 'Cociñando ao pé da letra', Lucía Aldao foise a unha proposta absolutamente clásica: un bocadillo. Iso si: de felicidade. Aquí deixamos a receita. BOCATA DE FELICIDADE En cada unha das lámpadas que o futuro teña a cortesía de deixarme frotar, pido agora por estar ben atenta para que se me cumpra poder […]

Segunda edición para 'Lume de cobiza'

A novela de Miguel Anxo Fernández, 'Lume de cobiza', cuarta entrega do detective Frank Soutelo, esgotou en só dous meses a súa primeira edición, polo que a nosa editorial vén de facer unha segunda, xa nas librerías. A novela será adaptada nos próximos meses ao cine da man do director Ángel de la Cruz, quen […]

Novidades para lectores mozos

O verán ten que ser tamén tempo de lecturas. As longas vacacións escolares (aínda que seguro que os cativos e mozos non as ven tan longas) permiten ter tempo para todo, tamén para ler. Dentro da produción recente da nosa Editorial para estes chanzos de idade, publicamos hai pouco, na colección Árbore 12 anos, o […]

So aquestas abelaneiras floridas

Para o libro 'Cociñando ao pé da letra', o escritor Xabier P. Docampo preparou un Peixe Sapo en prebe de abelás e viño albariño. Deixámosvos a receita aquí. Ingredientes para catro persoas: 5 peixes sapo pequenos, pero tampouco moito (sen cabeza) 2 ovos de galiña Fariña de trigo ½ quilo de abelás ½ litro de […]

Memoria na memoria

A autora de 'Noutra dimensión' que vimos de sacar na colección Árbore, quixo participar tamén no proxecto 'Cociñando ao pé da letra'. Para elo, preparounos unha Pescada Reenchida que vos deixamos aquí. Memoria na memoria Pescada reenchida Ingredientes (para seis persoas) Unha pescada de arredor de 2 quilos 150 gramos de gambas 100 gramos de […]