Begoña Caamaño presenta MORGANA EN ESMELLE

Este sábado inaugúrase en Compostela a Feira do Libro. E un dos actos grandes vai ser a presentación da nova novela de Begoña Caamaño, 'Morgana en esmelle'. Participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, María Xesús Nogueira, profesora de Filoloxía Galega na USC, e a autora. Haberá unha actuación musical de Uxía, Guadi Galego […]

Presentación de A PRINCESIÑA QUE CONDUCÍA UNHA LOCOMOTORA

Clara do Roxo presenta este seu primeiro libro mañá ás 20 horas na librería Librouro de Vigo. Estará acompañada neste acto por Francisco Castro, editor, e Ledicia Costas, escritora. A pesar de que é o seu libro de debut, Clara do Roxo ten xa unha sólida traxectoria alicerzada nos derradeiros anos coa consecución dun mollo […]

Emoción e homenaxe na despedida a don Xaime

Familiares, amigos e persoeiros da cultura e da política de Galicia deron onte o derradeiro adeus a Xaime Isla Couto, galeguista, avogado, economista e sobre todo, un gran creador de ideas, acompañándoo ata a súa derradeira morada, no cemiterio vigués de Pereiró. A familia enteira da Editorial Galaxia, así como numerosos persoeiros da cultura e […]

Hoxe "O Pulso da Terra" en TVG2

Esta noite, ás 22.45, a segunda canle da TVG emitirá o directo que acompaña a biografía, escrita por Fernando Neira, 'Berrogüetto. O pulso da terra' e que publicamos hai uns meses, con grande éxito de público e crítica. Todos aqueles que non teñan o libro, que ademais do directo que hoxe pasará a TVG 2 […]

Velaí vén o maio

Chámase Manoliño. A fotografía chéganos da outra beira do Atlántico, dende a Galicia arxentina: neto ou bisneto de galegos emigrantes que continúan a memoria da lingua e manteñen viva a cultura dos devanceiros. E velaí o maio, "de flores cubierto", como cantaba Curros. Nas terras do hemisferio sur o mes significa a entrada no outono […]

Chega ás librerías 'Castelao na luz e na sombra'

Chega o Día das Letras Galegas e, con el chega tamén a obra, certamente monumental (en contidos, en profundidade, mais tamén en extensión) que Valentín Paz-Andrade dedicou á figura de Castelao e que titulou 'Castelao na luz e na sombra'. A obra vira a luz no xa afastado 1982, cando Paz-Andrade xa tiña máis de […]

Editorial Galaxia, premio Mestre Mateo

O sábado pola noite celebrouse no auditorio do Palexco da Coruña a gala de entrega dos Premios Mestre Mateo 2011. A editorial Galaxia, xunto a Moombite, Ánxeles Abelleira e o Instituto Galego de Consumo, estaban nominados na categoría de Mellor Obra Interactiva polo proxecto 'Area fai seis'. A obra, escrita por Araceli Gonda e ilustrada […]

Presentación do GRIAL 193: Valentín Paz-Andrade, Isaac Díaz Pardo, emprendedores

Este xoves presentamos un novo número da Revista GRIAL. Será na Casa Galega da Cultura de Vigo nun número dedicado ás figuras de dous dos emprendedores que máis teñen feito polo desenvolvemento, dende o raíz mesmo do galego, do noso país: Isaac Díaz Pardo e Valentín Paz-Andrade. No acto participarán o codirector da revista e […]