Lecturas para a volta ás aulas

Hoxe, a pesar dos recortes e dos problemas, o profesorado galego inicia o curso escolar coa mesma ilusión de sempre, dispostos a multiplicar o traballo para chegar a onde quizais habería que chegar con máis recursos. No proceso educativo ocupan, sen dúbida, un papel crucial as lecturas literarias, aquelas recomendacións que os e as docentes […]
Hoxe se falla o Premio Repsol

Trátase xa da sexta edición deste premio de narrativa breve, que convoca a Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Un ano máis o título premiado será publicado por Editorial Galaxia no vindeiro mes de novembro. O xurado desta edición está composto por: Xavier Alcalá, Dolores […]
Afirmaría Mastroianni

Nos anos noventa do século pasado, a novela de Antonio Tabucchi, 'Afirma Pereira', converteuse nalgo máis ca un fenómeno literario. As lectoras e lectores axiña se decataron de que naquel libro, publicado pola nosa editorial en galego, había moito máis ca unha boa historia. Era sobre todo un estilo fluído, un xeito de contar as […]
A organización territorial do Estado Español segue sen cerrar

A reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia non era un capricho, senón unha necesidade, mesmo unha necesidade urxente, e os acontecementos que nas últimas semanas estamos a vivir, a situación catalana sobre todo, confirman esta necesidade. Con estas afirmacións abriu Xoaquín Fernández Leiceaga a presentación do seu libro "¿Por que fracasou a reforma do […]
Alumnas e alumnos do Instituto Arxentino Santiago Apóstol visitan Galicia

Dezaseis rapaces e rapazas, entre 17 e 18 anos, con dous profesores. Tal é a expedición da última promoción do Instituto Santiago Apóstol de Buenos Aires que estes días percorre Galicia. É a terceira promoción de estudantes que, no derradeiro ano dos estudos preuniversitarios, viaxan ao país dos seus país e dos seus avós. Entre […]
Conferencia-presentación de MURGUÍA de Xosé Ramón Barreiro en Compostela

Xosé Ramón Barreiro Fernández falará sobre a figura de Murguía, de quen ven de publicar unha excelente biografía na colección 'Grandes biografías' de Editorial Galaxia. O autor explicará na súa disertación algunhas das claves da súa investigación sobre o primeiro presidente da RAG. Entre outras cousas explicará que foi o primeiro nacionalista galego, como sinalaba […]
Neira Vilas presentou 'Esperando o leiteiro'

Xosé Neira Vilas presentou onte na biblioteca que leva o seu nome, en Vigo, a súa nova novela (que publicamos ao mesmo tempo en formato eBook), 'Esperando o leiteiro'. No acto participou a actriz Uxía Blanco lendo algúns fragemntos da obra. Tamén interviron, canda o autor, a concelleira de Cultura e Festas de Vigo, Isaura […]
Faleceu Xaime Isla Couto

(foto de Xurxo Lobato) Hai poucas horas faleceu en Vigo o ensaísta, avogado, economista, animador cultural e político do galeguismo Xaime Isla Couto (Santiago de Compostela, 1915-Vigo, 2012). Era Presidente de Honra de Editorial Galaxia S. A. e cofundador da editora en 1950. Tamén era director de Honra da revista Grial. Editorial Galaxia constituíuse en […]