Xesús Alonso Montero, elixido novo presidente da Real Academia Galega

Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928) foi elixido o pasado sábado novo presidente da Real Academia Galega. É o dirixente da corporación número doce desde os tempos de Manuel Murguía. O xa novo presidente recordou na súa primeira intervención como tal que a RAG é a «institución máis comprometida coa causa da lingua». A directiva encabezada […]

María Xosé Queizán, autora galardoada nos Premios Irmanda do Libro

O pasado sábado, a Federación de Libreiros de Galicia entregou, como leva facendo dende hai 22 anos, os seus premios Irmandade do Libro. Este ano, a escritora viguesa María Xosé Queizán foi a escollida como a autora galardoada pola súa traxectoria. O xurado valorou "a longa e moi definida traxectoria en traballar polo galego dende […]

Encontro con Fina Casalderrey en Pontevedra

Este xoves, a xornalista Susana Pedreira, de Onda Cero, faralle unha entrevista a Fina Casalderrey na librería Cronopios de Pontevedra. A autora respostará tamén ás que faga o público asistente. Ao remate do acto, Fina Casalderrey asinará exemplares das súas obras. Dende hai uns meses, a activa libería pontevedresa ofrece este tipo de coloquios que […]

Presentouse COCIÑAR CON ALGAS

A cociñeira Eva Crespo Vázquez presentou este martes, en Librouro, acompañada de Clemente Fernández Sáa, de Algamar e autor do limiar do libro, e do editor Francisco Castro, o libro 'Cociñar con algas', receitario que nos amosa a enorme cantidade de posibilidades culinarias que ten a froita do mar, as algas, material no que Galicia […]

Ás veces quero morrer coa risa

'Ás veces quero morrer coa risa' conta a historia dun rapaz de 16 anos ao que lle diagnostican un cancro termial. O protagonista non é capaz de pensar con claridade diante da tremenda realidade, nin entender por que ten que morrer tan novo con todo o que lle queda por vivir: ter noiva, o primeiro […]

Fallouse o concurso INSPIRACIENCIA

Onte, na sede do CSIC en Barcelona reuniuose o xurado da terceira edición do concurso Inspiraciencia, certame que promove a creación literaria, que se convoca nas catro linguas e que na nosa lingua, a súa organización, corre a cargo da Editorial Galaxia. En reto representación da editorial galega acudiu o editor Francisco Castro. En total, […]

'O Principiño' cumpriu 70 anos

O pasado sábado, o clásico de Saint-Exupèry, 'O Principiño', cumpriu setenta anos, un libro que leva sete décadas facéndonos pensar na importancia daquelo que queremos, aínda que só sexa unha cativa flor nun asteroide, ou axudándonos a recuperar aquel neno que fomos e que, co tempo, esquecimos. A devoción por este libro dos lectores e […]

Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño

Estes días está chegando ás librerías de todo o país a novidade editorial, dentro da nosa colección Letras Galegas, 'Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño', de Montse Pena Presas, responsable do texto, e Gonzalo Enríquez Veloso, autor do documental que acompaña o libro. Estamos diante dun […]