Iria Collazo López arrasou na súa presentación en Vigo

O pasado sábado, a escritora de Barro, Iria Collazo López colleitaba o que intuímos vai ser o primeiro de moitos éxitos literarios, en Vigo, na presentación da súa primeira novela, publicada na nosa colección Costa Oeste, COMA UNHA ÁNCORA. Acomapañada do editor Francisco Castro, que explicou as claves da novela, a escritora foi desmiuzando os […]
Presentación de 'A identidade fascinada' de Antonio Piñeiro en Vigo

O escritor Antonio Piñeiro, que dende hai dúas semanas protagoniza no noso blogue un espazo arredor da súa nova novela A IDENTIDADE FASCINADA, presentará esta obra na feira do libro de Vigo o vindeiro luns ás 20.30 h. acompañado polo crítico literario Ramón Nicolás e o director de edicións de Galaxia, Carlos Lema. Con A […]
Presentación da primeira novela de Iria Collazo López en Vigo

O primeiro dos actos que a Editorial Galaxia desenvolverá na Feira do Libro de Vigo, que este ano se despraza á Rúa Progreso, detrás do MARCO, será a presentación do libro COMA UNHA ÁNCORA de Iria Collazo López, quen estará acompañada polo editor, Francisco Castro. O acto desenvolverase ás 20.30h. COMA UNHA ÁNCORA é, sobre […]
Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo

A Feira do Libro de Vigo trasládase á rúa Progreso, detrás do Marco, despois de tres décadas na beirarrúa exterior da praza de Compostela. Alá estará a Editorial Galaxia presentando as súas novidades, dende este sábado día 4 de xullo ata o próximo venres día 10. Velaquí a programación de actos: Sábado 4 20h30 A […]
Cantiga de fonte limpa

O pasado domingo, as aproximadamente 300 persoas que quedaron ao xantar en Amoeiro acompañando a Antón Pulido no día en que recibía o Premio Trasalba que lle concedeu a Fundación Otero Pedrayo, recibían como agasallo a fotobiografía, que xa está chegando ás librerías de Galicia, CANTIGA DE FONTE LIMPA dedicada ao pintor galardoado. Na publicación […]
Concerto "Lucecús" de Pirilampo na Coruña

O grupo coruñés Pirilampo actuará hoxe na casa, concretamente na Biblioteca Municipal de Monte Alto ás 18.30 h. Os membros de Pirilampo centrarán a súa actuación, que tantos éxitos está a colleitar por todo o país, nos temas presentes no seu libro-disco, publicado este ano na nosa colección Sonárbore, 'Lucecús' e que ilustrou Federico Fernández. […]
A Fundación Otero Pedrayo entregou o Premio Trasalba a Antón Pulido

Onte, na Casa Grande de Cimadevila celebramos a entrega do Premio Trasalba ao pintor, veciño das terras de don Ramón, Antón Pulido. As instalacións do Pazo quedaron pequenas para acoller ao numerosísimo público que quixo acompñar ao artista de tal xeito que, ademais de ateigar o auditorio da Fundación, houbo que habilitar unha carpa exterior, […]
Entregáronse os Premios Inspiraciencia

Dende hai tres anos, a Editorial Galaxia impulsa a versión galega do Concurso de Relatos de Inspiración Científica, Inspiraciencia, que organiza o CSIC. O pasado xoves, nun acto celebrado en Barcelona, déronse a coñecer os nomes da gañadora e finalistas que recibiron cadanseu diploma acreditativo e un lote de libros dos fondos da nosa editorial. […]