Primeira novela de Xosé Maria Ávarez Cáccamo

Unha homenaxe literaria á nai do poeta, tomada como obxecto de ficción, mais tamén un "artefacto" literario autónomo, que turra do lector e o enguedella nunha trama intensa e intrigante. A escritora Rexina Vega e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, acompañaron ao autor na presentación da obra, na derradeira xornada de actividades […]

Terceira edición para ESTE CAMIÑO QUE FIXEMOS XUNTOS

Hai uns días que empezou a chegar ás librerías galegas a terceira edición das memorias de Antía Cal, ESTE CAMIÑO QUE FIXEMOS XUNTOS no que evoca a súa vida e a súa dedicación ao ensino. Os seus alumnos e alumnas gardan un recordo inesquecible dela. E quen se achegue ao libro, sentirá o mesmo. A […]

Pepe Cáccamo e Xulia Rodríguez presentan en Vigo

Cando se cumpre unha semana da inauguración da cita viguesa co libro, a nosa editorial culmina a xeira de presentacións con dúas novidades ben interesantes. A primeira será o libro 'Pequenas historias para falar de sentimentos' de Xulia Fernández Rodríguez que presentaremos ás 19,45. A autora estará acompañada polas profesoras de música Victoria Pérez e […]

A Galicia de Camus

No novo número da revista GRIAL ocupa o tema central as relacións entre 'Albert Camus e Galicia'. Os traballos, coordinador por Dolores Vilavedra, abren cun interesantísimo traballo da autoría de María Lopo, doutora en Literatura Francesa pola Université Rennes 2 e que podes descargar na ligazón á dereita destas liñas.

Xa na rúa UN CONTO AO REVÉS

Hai unhas semanas comezou a chegar ás librerías de Galicia o novo libro da nosa colección Sonárbore. Referímonos ao traballo de Chuches Amil, UN CONTO AO REVÉS. O libro-disco vai acompañado dunha historia protagonizada por dous nenos que, mergullados no mundo do sono, van vivir mil aventuras nas que nada é o que parece porque […]

Martes de presentacións e homenaxes na Feira do Libro de Vigo

Este martes a Editorial Galaxia protagonizará tres actos na carpa da Feira do Libro de Vigo. Así, ás 7 da tarde presentaremos a fotobiografía de Ramón Otero Pedrayo nun acto que contará coa presenza dos autores, Patricia Arias Chachero e Afonso Vázquez-Monxardin e do Presidente da Xunta de Goberno da Fundación Otero Pedrayo, Vitor Fernández […]

O Día das Letras Galegas de 2016 estará dedicado a Manuel María

O escritor lucense Manuel María (Outeiro de Rei, 1929-A Coruña, 2004) será o autor homenaxeado no Día das Letras Galega no ano 2016, segundo anunciou a pasada fin de semana a Real Academia Galega (RAG). A Academia entende que a obra do poeta da Terra Chá, a un tempo excelsa e popular, vai ser un […]