A Editorial Galaxia celebra este xoves o ‘Bloomsday’, en Vigo

Este xoves 16 de xuño, celebrarase, a partir das 11:30 h, no Salón de Actos do MARCO, o BLOOMSDAY, coincidindo co centenario da publicación do Ulises, de James Joyce. Esta data rende homenaxe á figura de Leopold Bloom, ou ‘Poldy’, personaxe principal da novela de Ulises, de James Joyce; caracterizado como antiheroe, do libro. O autor, […]
Tres obras de Galaxia son finalistas no Premio San Clemente Rosalía-Abanca

Na categoría de lingua galega, as obras finalistas son Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga, Illa Decepción, de Berta Dávila, e Flores de ferro, de María Rei Vilas. O Premio San Clemente Rosalía-Abanca salienta estas tres obras de Editorial Galaxia, que xa foron premiadas con galardóns tan importantes como o Premio Nacional de Narrativa, o […]
Marcos Calveiro, novo director de Edicións de Editorial Galaxia

No día de hoxe, o escritor Marcos Calveiro incorporarase á Editorial Galaxia como o novo director de Edicións. Marcos Calveiro, naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 1968 e actualmente reside en Vigo. Comezou a súa carreira literaria creando obras dedicadas á literatura infantil e xuvenil. Neste campo recibiu numerosos premios como o Ala Delta, […]
Presentación de “Os límites do crecemento”, en Santiago de Compostela

O martes 14 de xuño, celebrarase, ás 18 h, no Salón Noble do Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela, a presentación de Os límites do crecemento, de Donella H. Meadows, Dennis L. Meadows, Jørgen Randers, William W. Behrens III. No acto, participarán os tradutores do libro, Juan Casares Long e José A. González, reitor da […]
Presentación de “A unidade e a harmonía da realidade”, en Santiago

O luns 13 de xuño, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, a presentación de A unidade e a harmonía da realidade, de Victorio Pérez Prieto. Acompañando o autor, estarán o crítico literario Armando Requeixo, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Publicado na colección Ensaio de Editorial Galaxia, A unidade […]
Diego Giráldez presenta a súa nova novela este venres en Vigo

Este venres, o escritor Diego Giráldez presenta a súa nova novela O meu sangue na Libraría Cartabón de Vigo, ás 20:30 h, e estará acompañado pola escritora Anna R. Figueiredo. Durante a presentación, os autores conversarán sobre a que é a novela máis persoal do escritor. Un libro que gardou nun caixón durante 2 anos, que […]
Presentación de “A luz co tempo dentro”, en Santiago de Compostela

O xoves 9 de xuño, celebrarase, ás 19:30 h, en Afundación de Santiago de Compostela, a presentación de A luz co tempo dentro, de Xesús Rábade Paredes, organizada polo Ateneo de Santiago. Acompañando o autor, estará a cineasta, docente e conselleira da Editorial Galaxia, Margarita Ledo Andión, e Pilar Sampedro, secretaria do Ateneo de Santiago. […]
Galaxia publica “Discoteca Atlántica”, unha travesía pola vangarda musical galega

Esta semana chegará a todas as librarías de Galicia “Discoteca Atlántica. 100 discos galegos (1970-2020)”, de Marcos Gendre. Cunha portada deseñada pola ilustradora Pepa Prieto Puy, o autor achega ás lectoras e lectores, nesta reportaxe, a unha travesía polo labirinto identitario da vangarda musical galega. “Neste apaixonante volume atopamos discos que crearon na escola e […]