Hoxe celebramos o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+

Hoxe celebramos o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+. A orixe desta conmemoración atópase na madrugada de 1969, nos chamados disturbios de Stonewall. Foi a primeira vez que a comunidade LGTBIQ+ xuntou forzas para reivindicar os seus dereitos, contra a opresión do sistema estadounidense, en protesta dunha redada policial no pub Stonewall Inn, en Greenwich Village, […]
Presentación de “No día do seu enterro”, en Santiago

O martes 28 de xuño, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, a presentación de No día do seu enterro, de Cristina Pato. Acompañando a autora, estará Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Publicada na colección Literaria de Galaxia, No día do seu enterro, é unha novela sobre o poder […]
Inauguración da exposición “SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA”, en Ferrol

O luns 27 de xuño, celebrarase, ás 19 h, na Sede Afundación de Ferrol, a inauguración da exposición “SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA”, en torno á novela Alén da desventura. O acto contará coa participación de Xavier Alcalá, Siro López, Ángel Mato, alcalde de Ferrol, Marité Cores, coordinadora de Cultura Afundación, […]
A Editorial Galaxia participará na Fira d l’Edició Independent de Valencia

O venres 24 de xuño, celebrarase, ás 13 h, na Fira d l’Edició Independent 2022 de Valencia, unha mesa redonda sobre a Economía social no mundo da edición. Na mesma, participará Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, e Pedro Medina (Fandogamia Editorial). A Fira d l’Edició Independent é un espazo integrador do comercio do […]
Hoxe lembramos á escritora Juana de Vega

Tal día coma hoxe, un 22 de xuño de 1872, morría, na Coruña, a activista política, mecenas das artes, impulsora da industria e da agricultura e escritora Juana de Vega. De xullo de 1841 a xullo de 1843 desempeñou o cargo de aia da futura raíña Isabel II e da súa irmá a Infanta Luísa […]
Hoxe celebramos o Día Europeo da Música

Hoxe, martes 21 de xuño, celebramos o Día Europeo da Música, unha data que busca festexar a paixón pola música, un verdadeiro bálsamo para a vida. Fundamental e sanadora, é unha ferramenta que enriquece o noso día a día, a través da súa maxia e sonoridade. Para conmemorar a efeméride, dende a Editorial Galaxia queremos recomendarvos […]
O tempo de lecer comeza aquí

Achégase o fin de curso e con el o comezo do verán. Un momento fabuloso para ler, soñar e vivir en liberdade as oportunidades que nos ofrece a calor da tempada. Que mellor que acompañarnos deses libros que tanto tempo levamos agardando devorar? Ou descubrir algunhas lecturas novas? Dende a Editorial Galaxia recomendámosvos as seguintes lecturas: […]
Irene Rega Jul gaña o Premio Illa Nova de Narrativa 2022

A gañadora da sexta edición do Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos convocado pola Editorial Galaxia, en colaboración co Ámbito Cultural de El Corte Inglés, foi Irene Rega Julpola novela O libro dos corazóns rotos. O xurado, composto por Ana Abelenda, Marcos Calveiro, Inma Otero, Blanca Riestra, Abel Tomé e Malores […]